Transmissions from the Satellite Heart | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Flaming Lips | ||||
Publicado | 22 de xuño de 1993 | |||
Gravación | xaneiro - febreiro de 1993 | |||
Duración | 43:04 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, noise pop, neopsicodelia, noise rock | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | The Flaming Lips, Keith Cleversley | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Transmissions from the Satellite Heart é o sexto álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Flaming Lips, publicado o 22 de xuño de 1993 a través do selo Warner Bros. Records.[1] O seu cuarto tema, "She Don't Use Jelly", destaca por ter sido o primeiro éxito na radio do grupo, despois de que o seu vídeo aparecese no programa da MTV Beavis and Butt-Head, case un ano despois do lanzamento do disco. "Turn It On" foi un sinxelo que tamén colleitou un éxito moderado e tivo dous vídeos musicais distintos. O álbum marcou a marcha de Jonathan Donahue (a Mercury Rev) e de Nathan Roberts, e o ingreso do guitarrista Ronald Jones e do batería Steven Drozd.
O EP Due to High Expectations... The Flaming Lips Are Providing Needles for Your Balloons publicouse no ano seguinte para promocionar o álbum e contaba con versións ao vivo de "Chewin the Apple of Your Eye" e "Slow•Nerve•Action". A portada do EP é semellante á de Transmissions from the Satellite Heart.