Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2015) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario [[Usuario:|]] ([[Conversa usuario:|conversa]] · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 0 segundos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Marco Ulpio Traxano (en latín: Marcus Ulpius Traianus), coñecido abreviadamente como Traxano, nado en Itálica, o 18 de setembro do ano 53 e finado en Selinus o 9 de agosto de 117,[1] foi un emperador romano. Reinou desde o ano 98 até a súa morte, e foi o primeiro emperador de orixe non itálica. Foi o segundo da tradicionalmente chamada dinastía Antonina, ou como se prefire chamar hoxe en día, dinastía Ulpio-Aelia.[2][3] Traxano é recordado como un exitoso soldado-emperador que presidiu a maior expansión militar da historia romana ata o momento da súa morte, así como pola súa actividade filantrópica.
O 27 de xaneiro do ano 98 sucedeu tras a súa morte ao emperador Nerva, do cal, aínda que o adoptou previamente, aceptou usar só o cognomen. Como administrador civil, Traxano é coñecido sobre todo polo seu amplo programa de construción de edificios públicos que reformaron a cidade de Roma e deixou numerosos monumentos perdurables como o foro de Traxano, o mercado de Traxano e a Columna Traxana. Con todo, foi como comandante militar polo que celebrou os seus maiores triunfos: no 101 lanzou unha expedición punitiva ao reino de Dacia, derrotando os seus exércitos un ano despois e tomando definitivamente o territorio no 106. Un ano despois, dirixiuse cara ao Leste e conquistou o reino nabateo (actual Xordania) e estableceu a provincia de Arabia Pétrea. Logo de varios anos de paz, no 113 lanzou unha ofensiva contra Partria e, chegando a Susa no 116, co que o Imperio acadou a súa maior extensión da Historia. Cando regresaba a Roma, contraeu unha enfermidade e faleceu. Foi deificado polo Senado post mortem e os seus restos descansaron baixo a Columna Traxana até as incursións bárbaras sobre a cidade. Sucedeuno o seu fillo adoptivo Hadriano.