Traza

Larva de Tineola bisselliella (unha traza da roupa).
Adulto de Tineola bisselliella (unha traza da roupa).
Anobium punctatum (unha traza da madeira) a piques de saír do seu burato.
Larva dunha traza da madeira
Larva dunha traza da madeira extraída dun tronco.

Traza, couza, caruncho, trilla, corta ou rela son as denominacións populares dadas a diferentes grupos de insectos que se alimentan dos tecidos, a madeira ou o papel, segundo os casos.[1] Con este nome coñécense en galego dous grupos de insectos moi distintos:

  • Traza da roupa: son larvas de certos lepidópteros que se alimentan dos tecidos da roupa.
  • Traza da madeira: son larvas de certos coleópteros, que se alimentan de madeira.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para traza.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne