Treasure | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Cocteau Twins | ||||
Publicado | 1 de novembro de 1984 | |||
Gravación | agosto-setembeor de 1984 | |||
Estudio(s) | Palladium Studios en Edinburgo, Rooster en Londres | |||
Duración | 41:19 | |||
Xénero(s) | dream pop | |||
Selo(s) | 4AD | |||
Produtor | Cocteau Twins | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Treasure é o terceiro álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Cocteau Twins, publicado o 1 de novembro de 1984 a través do selo 4AD. Con este traballo o grupo estableceu a que sería a partir de entón a súa formación principal: a vocalista Elizabeth Fraser, o guitarrista Robin Guthrie e o baixista Simon Raymonde. Esta nova formación tamén coincidiu co desenvolvemento do son etéreo[1] asociado á música da banda.[2]
O disco chegou ao número 29 da lista británica de álbums, converténdose no seu primeiro no top 40 do país, estando nelas durante oito semanas.[3] Tamén se converteu nun dos traballos da banda mellor considerados pola crítica, aínda que a banda considerábao subdesenvolvido.[4]