Chámase tregua ao cesamento de hostilidades por determinado tempo entre os inimigos que teñen rota ou pendente a guerra sen que por iso quede esta terminada.
A duración dunha tregua pode variar desde algúns días até moitos anos. Polo común é xeral, é dicir, que alcanza a todos os países sometidos ás potencias belixerantes.
Se queda restrinxida nada máis que a algúns lugares en particular chámase armisticio.
Se só ten por obxecto realizar o cumprimento dalgunhas medidas indispensábeis, como enterramento dos mortos, chámase suspensión de armas.
Recibe o nome de tregua mercantil é tregua durante a cal se permite o comercio entre dous ou máis estados en guerra.