Trent Reznor |
|
Nacemento | (en) Michael Trent Reznor 17 de maio de 1965 (59 anos) New Castle, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Residencia | Mercer (pt) Os Ánxeles Cleveland Nova Orleáns |
---|
Educación | Allegheny College (en) Mercer Area High School (en) |
---|
|
Lugar de traballo | Cleveland |
---|
Ocupación | cantante, produtor musical, vocalista, produtor, guitarrista, pianista, cantautor, compositor, compositor de bandas sonoras |
---|
Período de actividade | 1982 - |
---|
Empregador | Apple |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Música rock, rock alternativo, Rock industrial, Synthpop, música ambiente e Metal alternativo |
---|
Tesitura | Barítono
|
---|
Instrumento | Guitarra, piano, caixa de ritmos, baixo, sintetizador, mellotron, Saxofón, violoncello, Contrabaixo, Tambor, Tuba, Sousafón, Harmonio, Marimba, Frauta de Pan, Clavicémbalo, Vibráfono e voz |
---|
Selo discográfico | Columbia Records TVT Records Island Records Universal Music Group Interscope Records Nothing Records (1992–) The Null Corporation (2008–) |
---|
Compañeiro profesional | Atticus Ross: Trent Reznor and Atticus Ross (en) |
---|
|
Cónxuxe | Mariqueen Maandig (2009–) |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Michael Trent Reznor, nado o 17 de maio de 1965 en Mercer, Pensilvania, é un músico, compositor, multi-instrumentista e produtor estadounidense. É vocalista e principal compositor do proxecto de rock industrial Nine Inch Nails,[1][2][3] que fundou en 1988 e do que foi oficialmente o único membro ata 2016. A primeira edición de Reznor coma Nine Inch Nails, Pretty Hate Machine de 1989, foi un éxito comercial, e dende entón leva editados 11 álbums de estudio co grupo.
Reznor comezou a súa carreira a mediados dos 80 como membro de bandas de synth-pop como Option 30, The Innocent, e Exotic Birds.[4] Colaborou en álbums de artistas como Marilyn Manson, do que foi mentor, o rapeiro Saul Williams e Halsey. Xunto coa súa muller Mariqueen Maandig e os colaboradores habituais de Nine Inch Nails Atticus Ross e Rob Sheridan, formou o grupo de post-industrial How to Destroy Angels en 2009.[5][6]
A partir de 2010 Reznor, xunto con Atticus Ross, comezou a traballar en música para películas e televisión. O dúo compuxo música para moitas das películas de David Fincher, como The Social Network (2010), The Girl with the Dragon Tattoo (2011), Perdida (2014), e Mank (2020). Gañaron o Óscar á mellor banda sonora e o Grammy á mellor banda sonora para medios visuais tanto por The Social Network (2010) como por Soul (2020). O dúo tamén compuxo música para os filmes Patriots Day (2016), Mid90s, Bird Box (os dous de 2018), Waves (2019), Bones and All, e Empire of Light (ámbolos dous de 2022). Tamén fixeron música para os documentais Before the Flood (2016) e The Vietnam War (2017), e a serie de televisión Watchmen (2019), gañando un premio Primetime Emmy Award por esta última.
En 1997, Reznor apareceu na lista de Time das persoas máis influíntes do ano, e a revista Spin describiuno como "o artista máis vital na música".[7]
- ↑ "Trent Reznor's Upward Spiral". Spin. 2015-12-22. Archived from the original on 22 de decembro de 2015. Consultado o 2023-04-22.
- ↑ Beaumont, Mark (2013-08-08). "The nine lives of Trent Reznor". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-04-22.
- ↑ "Steven Levy on Facebook, Spotify and the Future of Music". Wired. 2015-12-08. Archived from the original on 08 de decembro de 2015. Consultado o 2023-04-22.
- ↑ Cinquemani, Sal (2005-05-03). "Review: Nine Inch Nails, With Teeth". Slant Magazine (en inglés). Consultado o 2023-04-22.
- ↑ "Trent Reznor Score Wins Golden Globe". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-04-22.
- ↑ "Trent Reznor pegs early 2012 release date for How to Destroy Angels full-length". web.archive.org. 2016-10-27. Archived from the original on 27 de outubro de 2016. Consultado o 2023-04-22.
- ↑ "TIME.com: TIME'S 25 MOST INFLUENTIAL AMERICANS -- Apr. 21, 1997 -- Page 18". web.archive.org. 2006-11-10. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2011. Consultado o 2023-04-23.