Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Trevor Charles Horn 15 de xullo de 1949 (75 anos) Hetton-le-Hole, Reino Unido (en) |
Educación | Durham Johnston Comprehensive School (en) |
Actividade | |
Ocupación | produtor musical, produtor musical, compositor de cancións, músico |
Período de actividade | 1966 - |
Membro de | The Trevor Horn Band (en) (2006–) Art of Noise (en) (1983, 1998–1985, 2000) Yes (1980, 2018–1981, 2018) Buggles (1977–1981) |
Xénero artístico | New wave, música rock e rock progresivo |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Baixo, guitarra e teclado |
Selo discográfico | ZTT Records |
Familia | |
Irmáns | Ken Horn |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | trevorhorn.com |
|
Trevor Charles Horn, nado en Durham o 15 de xullo de 1949, é un músico e produtor musical inglés. A súa influencia na música pop e electrónica na década de 1980 foi tal que foi chamado "o home que inventou os oitenta".[1][2]
Horn aprendeu a tocar o baixo a unha idade temperá e aprendeu por si mesmo a ler música. Na década de 1970 traballou como músico de sesión, construíu o seu propio estudo e escribiu e produciu sinxelos para varios artistas.
Na súa mocidade foi compoñente e fundador da banda británica The Buggles. A canción máis significativa deste grupo é o single "Video Killed the Radio Star", do que se venderon millóns de copias por toda Europa e América. Posteriormente formou parte do grupo Yes. Na actualidade, Trevor Horn é produtor discográfico. Destacan os seus traballos con Frankie Goes To Hollywood, Seal, Robbie Williams e Tina Turner.