A tribuna[1] é a galería, solaina ou balcón elevado que hai nalgunhas igrexas desde a cal se pode asistir ós actos relixiosos. Adoita situarse no primeiro andar, por riba das naves laterais dos templos, coa súa mesma lonxitude e largura e aberta á nave central, onde só poden situarse os fieis. As tribunas servían para que personalidades ilustres asistisen ao culto sen entraren en contacto coa plebe. O lugar elevado de onde falan os oradores, chámase tamén tribuna ou púlpito.
Utilizouse profusamente, especialmente nas grandes construcións de arquitectura bizantina, románica e gótica.