Triosa-fosfato isomerase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista lateral do monómero da triosa-fosfato isomerase co sitio activo na parte central superior. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 5.3.1.1 | ||||||||
Número CAS | 9023-78-3 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
A triosa-fosfato isomerase (TPI ou TIM, tamén escrita triosa fosfato isomerase ou triosafosfato isomerase) é un encima do grupo das isomerases co Número EC:5.3.1.1 que cataliza a interconversión reversible entre as dúas triosas fosfato isómeras, que son a dihidroxiacetona fosfato e o D-gliceraldehido 3-fosfato. Intervén na glicólise e gliconeoxénese.
Dihidroxiacetona fosfato | triosa-fosfato isomerase | D-Gliceraldehido 3-fosfato | |
triosa-fosfato isomerase |
A triosa-fsofato isomerase xoga un importante papel na glicólise e é esencial para unha produción de enerxía eficiente. A triosa-fosfato isomerase atopouse en case todos os organismos en que se procurou, incluíndo animais como os mamíferos e os insectos e en fungos, plantas, e bacteriaa. Porén, algunhas bacterias que non realizan a glicólise, como Ureaplasma, carecen deste encima.
Nos humanos, as deficiencias en triosa-fosfato isomerase están asociadas cun trastorno neurolóxico grave progresivo chamado deficiencia de triosa-fosfato isomerase, que está caracterizada por unha anemia hemolítica crónica. Aínda que hai varias mutacións que causan esta doenza, a maioría inclúe unha mutación no ácido glutámico na posición 104 que cambia a ácido aspártico.[1]
A triosa-fosfato isomerase é un encima moi eficiente, que realiza a súa reacción miles de millóns de veces máis rápido do que ocorrería naturalmente en solución sen encima. A reacción é tan eficiente que se di que é perfecta cataliticamente, é dicir, está limitada só pola velocidade con que o substrato pode difundir dentro e fóra do centro activo do encima.[2][3]