Tromboxano A2 | |
---|---|
![]() | |
![]() |
![]() |
Identificadores | |
Número CAS | 57576-52-0 |
PubChem | 5280497 |
ChemSpider | 4444137 |
KEGG | C02198 |
MeSH | Thromboxane+A2 |
ChEBI | CHEBI:15627 |
Ligando IUPHAR | 4482 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C020H32O5 |
Masa molecular | 352,465 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O tromboxano A2 (TXA2) é un tipo de tromboxano que producen as plaquetas activadas e ten propiedades protrombóticas: estimula a activación de novas plaquetas e incrementa a agregación das plaquetas. Isto conségueo ao incrementar a expresión do complexo glicoproteico GPIIb/IIIa na membrana plasmática das plaquetas. O fibrinóxeno circulante únese a estes receptores en plaquetas adxacentes, aumentando a firmeza do coágulo. O tromboxano A2 é tamén un vasoconstritor[1][2][3][4] e é especialmente importante durante as lesións nos tecidos e a inflamación. Tamén se considera responsable da anxina de Prinzmetal (vasoespasmo de arteria coronaria).
Os receptores que serven de mediadores das accións do tromboxano A2 son os receptores de tromboxano A2. O receptor de tromboxano A2 humano (TP) é un típico receptor acoplado á proteína G (GPCR) con sete segmentos transmembrana. Nos humanos ata agora clonáronse dúas variantes de empalme do receptor TP: TPα e TPβ.