Trompeta piccolo | |
---|---|
Trompeta barroca | |
Información | |
Clasificación | Instrumento de vento-metal |
Tesitura | |
Instrumentos relacionados | Trompeta, trompeta pocket, trompeta baixa, corneta, fliscorno |
A trompeta piccolo ou trompeta píccolo, tamén denominada trompeta barroca, porque foi creada a finais do século XIX para interpretar obras barrocas, é máis pequena que o resto de trompetas e soa unha oitava máis aguda, alcanzando con maior facilidade o rexistro sobreagudo. Normalmente está afinada en re, en la ou en si bemol, e raras veces está afinada en fa, sol ou dó. Non se debe confundir coa trompeta pocket.
O uso do instrumento é agora común en moitos xéneros musicais. Maurice André, Otto Sauter, Guy Touvron, Reinhold Friedrich, Adolf Scherbaum, Wynton Marsalis e Hakan Hardenberger son algúns intérpretes famosos da trompeta piccolo.