Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Noruega | ||||
Condado | Trøndelag (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 212.660 (2023) ![]() | ||||
Lingua usada | bokmål nynorsk ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 57,49 km² ![]() | ||||
Bañado por | Nidelva (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Creación | 997 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 7004 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | trondheim.kommune.no ![]() |
Trondheim (en noruegués: Trondheim, [ˈtrɔnhɛjm] (AFI), escoitar), tamén coñecida historicamente Kaupangen, Nidaros e Trondhjem, é unha cidade e concello do condado de Sør-Trøndelag, Noruega. A cidade de Trondheim estableceuse como municipio o 1 de xaneiro de 1838 (véxase o formannskapsdistrikt). Os municipios rurais de Byneset, Leinstrand, Strinda e Tiller fusionáronse con Trondheim o 1 de xaneiro de 1964.
Aínda que a rexión foi habitada durante miles de anos, a cidade de Trondheim foi fundada en 997. Utilizábase con frecuencia como a residencia do rei e foi capital de Noruega ata 1217. Na Idade Media, Trondheim foi escenario de varias batallas, entre elas a batalla entre o Rei Sverre e Erling Skakke, en 1179. A cidade sufriu varios incendios importantes, os máis devastadores en 1651 e 1681. O incendio de 1651 destruíu o 90% dos edificios de Trondheim, e o de 1681 conduciu a unha reconstrución total da cidade.