Un tumor[1] é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de volume destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de metástase a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como cancro. O tumor, xunto co rubor, a dor e a calor forman a tétrade clásica dos síntomas e signos da inflamación.