O turntablism é a arte de manipular e mesturar cancións xa feitas para crear novas músicas, efectos sonoros e outros sons e ritmos creativos, normalmente usando dous ou máis tocadiscos e un mesturador de DJ equipado con cross fader.[1]
Os turntablists (disc-jóckeis, DJ ou pinchadiscos) manipulan os discos movendo o disco coa man para poñer o estilete nos puntos desexados do disco, e tocando ou movendo o disco para deter, diminuír, acelerar ou facer xirar o disco cara a atrás. Ademais moven o prato do tocadiscos cara a atrás e cara a adiante rapidamente que sería o popular efecto de "scratching" que é unha parte fundamental da música hip hop,[2] todo mentres se mestura entre dous ou máis tocadiscos e os controis de ganancia e ecualización do mesturador para axustar o son.
Xeralmente prefírense os tocadiscos de accionamento directo fronte aos accionados por correa ou doutros tipos, xa que a correa pode estirarse ou danarse ao facer "scratching" ou outras manipulacións de tocadiscos. Mentres que un tocadiscos de accionamento directo pódese deter, ralentizar ou xirar cara a atrás sen danar o motor eléctrico.