O Turoniano é unha división da escala temporal xeolóxica, é a segunda idade ou piso do Cretáceo superior, segunda época do período Cretáceo. Esta idade esténdese de 93,9 até 89,8 ± 0,3 millóns de anos atrás, aproximadamente.[1] O Turoniano sucede o Cenomaniano e precede o Coniaciano.