Himno | Tuvalu mo te Atua | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Tuvalu for the Almighty» «Twfalw yr Hollalluog» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Funafuti | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.792 (2020) (453,54 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua tuvalesa lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 26 km² | ||||
Punto máis alto | Niulakita (5 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de outubro de 1978 | ||||
Organización política | |||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–sen valor) | ||||
• Lista (pt) | Feleti Teo (pt) (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Tuvalu (pt) , (Escano: 16) | ||||
Membro de | Tratado de non proliferación de armas nucleares Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Alianza dos Pequenos Estados Insulares Organización Mundial da Saúde Commonwealth de Nacións (1978–) Unión Postal Universal (1981–) UNESCO (1991–) Banco Asiático de Desenvolvemento (1993–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1996–) ONU (2000–) Organización para a Prohibición de Armas Químicas (2004–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) (2010–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) (2010–) Organización Meteorolóxica Mundial (2012–) | ||||
PIB nominal | 60.196.367 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar tuvalés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .tv | ||||
Prefixo telefónico | +688 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 | ||||
Código de país | TV | ||||
Tuvalu[1] (i/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/,[2][3] antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fidxi. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cunha área total de 25 quilómetros cadrados. Despois do Vaticano é a nación independente con menor número de habitantes. Tamén é o membro das Nacións Unidas con menor número de habitantes. Debido á súa baixa elevación (máximo de 5m), as illas que constitúen esta nación son ameazadas por calquera futuro aumento do nivel do mar. A poboación pode evacuar durante as próximas décadas a Nova Zelandia, ou Niue, unha pequena illa do Pacífico (independente pero asociada con Nova Zelandia) que non é ameazada por aumento do nivel do mar, pero ten unha baixa taxa de natalidade. Ten clima tropical marítimo, moderado polos ventos alisios do leste de marzo a novembro, os meses restantes con abundantes choivas e a vexetación típica está composta de palmeiras.
Tuvalu ten unha poboación de 10.507 habitantes (censo de 2017).[4] A superficie total das illas de Tuvalu é de 26 km².
Os primeiros habitantes de Tuvalu foron os polinesios, segundo as teorías ben establecidas sobre unha migración de polinesios ao Pacífico que comezou hai uns tres mil anos.[5] Moito antes do contacto europeo coas illas do Pacífico, os polinesios viaxaban frecuentemente en canoa entre as illas. As habilidades de navegación polinesia permitíronlles realizar viaxes elaboradas en canoas de vela de dobre casco ou en canoa con estabilizadores[6] Os estudosos cren que os polinesios espalláronse desde Samoa e Tonga ata os atois de Tuvalu, que logo serviron de trampolín para unha maior migración cara ás Illas periféricas da Polinesia en Melanesia e Micronesia.[7][8][9]
En 1568, o navegante español Álvaro de Mendaña converteuse no primeiro europeo en navegar polo arquipélago, avistando a illa de Nui durante unha expedición que facía na procura de Terra Australis. A illa de Funafuti foi nomeada Illa de Ellice en 1819. Máis tarde, o grupo enteiro foi nomeado Illas Ellice polo hidrógrafo inglés Alexander George Findlay. A finais do século XIX, Gran Bretaña reivindicou o control das illas Ellice, incluíndoas dentro da súa esfera de influencia.[10] Entre o 9 e o 16 de outubro de 1892, o capitán Gibson do HMS Curacoa declarou que cada unha das illas Ellice era un protectorado británico. Gran Bretaña asignou un comisario residente para administrar as illas Ellice como parte dos Territorios británicos do Pacífico Occidental (BWPT). De 1916 a 1975, foron xestionados como parte da colonia Illas Gilbert e Ellice.
En 1974 celebrouse un referendo de 1974 para determinar se as Illas Gilbert e as Illas Ellice deberían ter cada unha a súa propia administración.[11] Debido aos resultados do referendo, a colonia das illas Gilbert e Ellice deixou de existir legalmente o 1 de outubro de 1975, e o 1 de xaneiro de 1976, a antiga administración foi separada oficialmente,[12] e formáronse dúas colonias británicas separadas, Kiribati e Tuvalu. O 1 de outubro de 1978, Tuvalu tornouse totalmente independente como estado soberano dentro da Commonwealth, e é unha monarquía constitucional co Rei Carlos III como Rei de Tuvalu. O 5 de setembro de 2000, Tuvalu converteuse no 189º membro das Nacións Unidas.
As illas non teñen unha cantidade significativa de solo, polo que dependen moito das importacións e da pesca para alimentarse, sendo a pesca e o turismo as partes principais da economía. Debido a que é unha nación insular pequena e baixa, o país é extremadamente vulnerable á subida do nivel do mar debido ao cambio climático. Está activa nas negociacións internacionais sobre o clima como parte da Alianza de Pequenos Estados Insulares.