Tyler Rake 2 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Extraction 2 |
Director | Sam Hargrave |
Produtor |
|
Guión | Joe Russo |
Baseado en | Ciudad de Ande Parks e Joe Russo, Anthony Russo e Fernando León González (ilustracións) |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Greg Baldi |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 16 de xuño de 2023 |
Duración | 122 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción e suspense |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/81098494 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tyler Rake 2[2] (en inglés: Extraction 2) é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Sam Hargrave e escrito por Joe Russo. Baséase na novela gráfica Ciudad de Ande Parks, Joe Russo, Anthony Russo, Fernando León González e Eric Skillman. É unha secuela do filme de 2020 Extraction, e está protagonizado por Chris Hemsworth, Golshifteh Farahani e Adam Bessa, que retoman os papeis do primeiro filme, xunto con Tornike Gogrichiani, Tinatin Dalakishvili, Daniel Bernhardt, Olga Kurylenko e Idris Elba. No filme, Tyler Rake (Hemsworth) é contratado para rescatar unha familia dunha prisión xeorxiana.
Logo do éxito do primeiro filme, Netflix anunciou unha secuela en maio de 2020 con Joe Russo de novo como guionista, Hargrave como director e Hemsworth como protagonista. En decembro, Joe e o seu irmán irmán Anthony esperaban que a secuela desenvolvese os personaxes abondo para comezar un universo cinematográfico. A rodaxe estaba programada para comezar en Sydney en setembro de 2021, mais foi atrasada pola pandemia de COVID-19 e finalmente comezou en Praga en novembro, antes de concluír en Viena en abril de 2022. Ademais do regreso de Russo, Hargrave e Hemsworth, Henry Jackman e Alex Belcher volveron para compoñer a partitura.
Tyler Rake 2 estreouse o 16 de xuño de 2023 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego.