Typha | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hábito de Typha | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Typha é o nome dun taxon de plantas asignado á categoría taxonómica de xénero, que no sistema de clasificación APG II do 2003 era o único xénero da familia Typhaceae, mentres que no sistema de clasificación utilizado por Judd et al. (2007) e o do APWeb, comparte o seu lugar na familia Typhaceae sensu lato xunto co seu xénero irmán Sparganium. O xénero posúe unhas 8-13 especies de plantas herbáceas acuáticas emerxentes robustas, perennes, rizomatosas, con follas moi erectas, dísticas e bifaciais, e unha espiga cilíndrica de numerosas flores diminutas polinizadas por vento (as masculinas arriba e as femininas abaixo), cun perianto como escamas ou porcas, e un froito que é como un aquenio dehiscente co xinóforo, o estilo, e o perianto persistentes no froito. Están distribuídas en pantanos e zonas húmidas de boa parte do mundo, formando densas colonias ás veces impenetrables.
Reciben o nome común de espadanas ou espadainas, por teren as súas follas unha forma parecida a unha espada [1][2] .