Tyrrell Racing Organisation (TRO) foi un equipo de carreiras de automóbiles e un construtor de Fórmula Un, fundado por Ken Tyrrell, que comezou a competir en 1958 e a construír os seus propios coches en 1970. O equipo viviu o seu maior éxito na década de 1970, cando gañou tres campionatos de pilotos e un de construtores con Jackie Stewart. O equipo nunca volveu a conseguir tales éxitos, aínda que continuou gañando carreiras a través dos anos 1970 e na década de 1980, conseguindo a última vitoria cun motor Ford Cosworth DFV en Detroit en 1983. O equipo foi comprado por BAR en 1997 e completou a súa última tempada como Tyrrell en 1998.