Tyrrell Racing

Tyrrell
Nome completo Tyrrell Racing Organisation
Bandeira
Baseada en Ockham, Surrey, Reino Unido
Tempadas en activo 31 (1968-1998)
Número de pilotos Francia Jean Alesi
Jody Scheckter
Jackie Stewart
Italia Andrea de Cesaris
Francia François Cevert
Debut Gran Premio do Canadá de 1970
Carreiras 430
Campionatos de Construtores 1 (1971)
Campionatos de Pilotos 2 1971, 1973)
Vitorias 23
Pole positions 14
Voltas Rápidas 20
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio do Xapón de 1998

Tyrrell Racing Organisation (TRO) foi un equipo de carreiras de automóbiles e un construtor de Fórmula Un, fundado por Ken Tyrrell, que comezou a competir en 1958 e a construír os seus propios coches en 1970. O equipo viviu o seu maior éxito na década de 1970, cando gañou tres campionatos de pilotos e un de construtores con Jackie Stewart. O equipo nunca volveu a conseguir tales éxitos, aínda que continuou gañando carreiras a través dos anos 1970 e na década de 1980, conseguindo a última vitoria cun motor Ford Cosworth DFV en Detroit en 1983. O equipo foi comprado por BAR en 1997 e completou a súa última tempada como Tyrrell en 1998.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne