Tipo | UCI WorldTour ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Organizador | Unión Ciclista Internacional ![]() |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2018, Astana 2018, BMC Racing 2018, Bora-Hansgrohe 2018, EF Education First-Drapac 2018, Dimension Data 2018, Groupama-FDJ 2018, Katusha-Alpecin 2018, Lotto-Soudal 2018, Movistar 2018, Mitchelton-Scott 2018, Quick-Step Floors 2018, Sky 2018, Sunweb 2018, Bahrain-Merida 2018, Trek-Segafredo 2018, Lotto NL-Jumbo 2018 e UAE Emirates 2018 ![]() | |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 16 de xaneiro de 2018 – 21 de outubro de 2018 ![]() |
Número de edición | 8 (2018) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Simon Yates Peter Sagan Alejandro Valverde ![]() |
O UCI WorldTour 2018 foi a décima edición do circuíto internacional de competicións ciclistas creado pola Unión Ciclista Internacional no 2009. A tempada comezaba co Tour Down Under en Australia no mes de xaneiro e remataba ao igual que no 2017 na China co Tour de Guangxi en outubro. Foron un total de 37 probas repartidas por América do Norte, Oriente Próximo, Australia, China e Europa. O defensor da clasificación xeral do ano pasado é o belga Greg Van Avermaet.
O vencedores final do ránking individual resultou o británico Simon Yates que obtivo a vitoria na Volta a España e fixo grandes actuacións en París-Niza, Volta a Cataluña, Tour de Polonia e Giro de Italia. Tras el, cunha estreita marxe de 80 puntos finalizou o eslovaco excampión do mundo Peter Sagan e completando o podio quedaría Alejandro Valverde que ao remate do "tour" lograría o título mundial en Innsbruck, Austria.[1] A clasificación por equipos levaríaa Quick-Step Floors por unha ampla diferenza maior de 3000 puntos con respecto ao Team Sky, logo dunha campaña de récord con 73 vitorias UCI, das cales 37 no WorldTour.[2]