Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Colectividade | Polinesia Francesa | |||
Comuna da Polinesia Francesa | Ua-Pou ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.157 (2007) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 105 km² ![]() | |||
Medición | 25 (![]() ![]() | |||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Punto máis alto | Monte Oave (1.232 m) ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Ua Pou é unha illa das Marquesas, na Polinesia Francesa. Está situada no grupo norte do arquipélago, a 35 km ao sur de Nuku Hiva e 85 km ao noroeste de Hiva Oa.
A illa ten forma piramidal e no centro destacan uns alicerces basálticos en forma de pan de azucre: Matahenua (1028 m), Pouakei (1023 m) e Oave (1230 m). A superficie total é de 105,3 km². Con 2.173 habitantes no censo do 2012 resulta a illa máis densamente poboada do arquipélago. A vila principal é Hakahau situada ao noroeste da illa co principal porto e próxima ao aeroporto. A poboación é coñecida polas calidades artísticas innatas dos artesáns escultores e tatuadores ademais dos cantantes e bailaríns tradicionais. Bianualmente celébrase o festival de Matava´a que constitúe un centro importante da cultura marquesana.