Uber Arena | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 52°30′20″N 13°26′36″L / 52.505556, 13.443333 |
Localización | ![]() |
Construción | |
Inauguración | 10 de setembro de 2008 |
Arquitecto | Populous JSK Architects |
Custo | 165 millóns de € |
Estadio | |
Capacidade | 17.000 (concertos) 14.500 (baloncesto) 14.200 (hóckey sobre xeo) |
Propietario | Anschutz Entertainment Group |
Operadora | Anschutz Entertainment Group |
Localía | Alba Berlín (Basketball Bundesliga) Eisbären Berlin (DEL) |
Web | http://www.mercedes-benz-arena-berlin.de/ |
Eventos | |
Final Four da Euroliga (2009) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Uber Arena é un pavillón multiúsos situado en Berlín, Alemaña, máis concretamente no barrio de Friedrichshain. Foi inaugurado no ano 2008 e conta cunha capacidade de 17.000 persoas. O pavillón é fogar do Eisbären Berlin, club de hóckey sobre xeo, e do Alba Berlín, equipo de baloncesto. Tamén se utiliza para concertos ou para outros partidos de hóckey sobre xeo, baloncesto ou balonmán. En 2009, O2 World acolleu a Final Four da Euroliga na que o Panathinaikos venceu 95-71 o CSKA Moscova.