O ukelele[1][2] é un instrumento de cordas pulsadas, tradicional das illas Hawai, Tahití e a Illa de Pascua. É un parente próximo do cavaquinho portugués, do que en realidade é unha adaptación hawaiana.[3] Xeralmente conta con catro cordas. Foi moi popular na primeira metade do século XX, e é un elemento fundamental na música tradicional hawaiana. O ukelele tamén foi incorporado nos conxuntos doutros xéneros musicais, desde a canción popular ao jazz, e pode achegar un aire humorístico ou exótico.