Ultra Mono | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Idles | ||||
Publicado | 25 de setembro de 2020 | |||
Gravación | 2019 | |||
Estudio(s) | La Frette, La Frette-sur-Seine | |||
Duración | 42:52 | |||
Xénero(s) | post-punk, punk rock, rock industrial | |||
Selo(s) | Partisan Records | |||
Produtor | Adam Greenspan, Nick Launay | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Ultra Mono é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de punk rock Idles, publicado o 25 de setembro de 2020 a través do selo Partisan Records. Seguindo a liña do seu traballo anterior, Joy as an Act of Resistance, o disco explora temas como o clima sociopolítico actual, a loita de clases, a saúde mental e a masculinidade tóxica, ademais de falar sobre os aspectos positivos e negativos da recente fama do grupo.
O disco foi apoiado por cinco sinxelos, o primeiro dos cales foi o sinxelo promocional "Mr. Motivator", editado o 19 de maio de 2020. Seguíronlle o sinxelo principal "Grounds" o día 16 de xuño, "A Hymn" o 14 de xullo, "Model Village" o 11 de agosto, e "War", que coincidiu co lanzamento do disco. Para continuar coa promoción do traballo a banda programou unha xira que comezará en abril de 2021, cunha serie de concertos íntimos en tendas por todo o Reino Unido,[1] ademais de actuacións máis grandes no Reino Unido e Irlanda entre maio e xuño.[2]