![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (arz) فاطمه ابراهيم السيد البلتاجى ![]() 31 de decembro de 1898 ![]() Tamayy Elzahayra, Exipto (en) ![]() ![]() |
Morte | 3 de febreiro de 1975 ![]() O Cairo, Exipto ![]() |
Lugar de sepultura | Al Basatin (en) ![]() ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz, actriz de cinema ![]() |
Período de actividade | 1923 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Música do Egito (pt) ![]() ![]() |
Tesitura | Contralto ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Selo discográfico | EMI Classics ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Hassan Alhifnawy (1954–1975) Q11099183 ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, ![]() Obálky knih, ![]() Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:2) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Fāṭima ʾIbrāhīm es-Sayyid el-Beltāǧī (en árabe: فاطمة إبراهيم السيد البلتاجي[1][2]) nada en Tamay Ez-Zahayra o 31 de decembro de 1898 ou o 4 de maio de 1904[3] e finada no Cairo o 3 de febreiro de 1975, foi unha cantante exipcia, coñecida como Umm Kulthum (en árabe: أم كلثوم, en francés: Oum Kalthoum). Recibiu o título honorífico de Kawkab al-Sharq (en árabe: كوكب الشرق, "Estrela de Oriente").[4]
Foi coñecida pola súa habilidade vocal e estilo único. Vendeu máis de oitenta millóns de discos en todo o mundo, converténdoa nunha das cantantes máis vendidas de Oriente Medio en toda a historia.[5] Está considerada unha icona nacional en Exipto, e foi chamada "A Voz de Exipto"[6][7] e a "Cuarta Pirámide de Exipto".[8][9]
A admiración de Nasser pola cantante e o apoio ás ideas nasseristas do nacionalismo árabe por parte de Kulthum, fixéronna enormemente popular en todo o mundo árabe.