Undulipodio

Undulipodio eucariota. 1-axonema, 2-membrana plasmática, 3-transporte intraflaxelar, 4-corpo basal, 5-sección transversal do axonema, 6-tripletes de microtúbulos do corpo basal.

Un undulipodio, ondulipodio (de undulipodium, que significa 'pé ondulante') ou orgánulo 9+2 é unha proxección celular filamentosa móbil das células eucariotas. Os undulipodios poden ser flaxelos ou cilios, que teñen igual estrutura, pero que se diferencian en tamaño (o flaxelo é máis longo), en tipo de ondulación e función.

O nome foi acuñado para diferenciar estas estruturas eucariotas de estruturas análogas presentes en células procariotas (flaxelo bacteriano). Estruturalmente os undulipodios son un complexo de microtúbulos xunto con proteínas motoras.[1][2]

O uso do termo foi primeiramente patrocinado por Lynn Margulis, especialmente en apoio da súa teoría endosimbiótica.[3] Os cilios eucariotas son estruturalmente idénticos aos flaxelos eucariotas, pero non aos flaxelos procariotas.[4] A base de datos Gene Ontology non fai distinción entre eles, referíndose á maioría dos undulipodios como cilios mótiles e aos dos espermatozoides como flaxelo do espermatozoide.[5]

  1. Hülsmann N (1992). "Undulipodium: End of a useless discussion". European Journal of Protistology 28 (3): 253–257. PMID 23195228. doi:10.1016/S0932-4739(11)80231-2. 
  2. Margulis L, Lovelock JE. "CP-2156 Life In The Universe: Atmospheres and Evolution". history.nasa.gov. Consultado o 8 de xullo de 2013. 
  3. Sagan L (1967). "On the origin of mitosing cells". J Theor Biol 14 (3): 255–274. PMID 11541392. doi:10.1016/0022-5193(67)90079-3. 
  4. Haimo LT, Rosenbaum JL (decembro de 1981). "Cilia, flagella, and microtubules". J. Cell Biol. 91 (3 Pt 2): 125s–130s. PMC 2112827. PMID 6459327. doi:10.1083/jcb.91.3.125s. 
  5. "Term Details for "motile cilium" (GO:0005929)". AmiGO 2 (en inglés). Sinónimos: cilios mótiles, flaxelo baseado en microtúbulos, cilios primarios mótiles, cilios secundarios mótiles, cilio nodal 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne