Unicornio

Para a antiga moeda escocesa de ouro, véxase unicorn
Unicornios no escudo que preside o edificio da Fundación Camilo José Cela, en Iria Flavia, Padrón.

O unicornio[1] ou alicorno[2] é unha criatura mitolóxica representada decote coma un cabalo branco, con patas de antílope, barba de chibo, e un único corno na súa fronte. Trátase dun animal fabuloso protagonista de numerosas historias e lendas. Así, na Idade Media estaba considerado coma un animal marabilloso capaz de derrotar ao elefante, símbolo de poderío. Ademais, dicíase que co seu único corno podían purificarse as augas contaminadas para volvelas potábeis e curar enfermidades.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para unicornio.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alicorno.
  3. Browne, Thomas (1646). "Book 3. Chapter 23.". Pseudodoxia Epidemica. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne