Unidas Podemos | |
---|---|
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Yolanda Díaz Alberto Garzón |
Historia | |
Fundación | 15 de marzo de 2019 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Progresismo Socialismo democrático Republicanismo Ecoloxismo Laicismo Feminismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 26 / 350 |
Senado | 0 / 265 |
Parlamento Europeo | 6 / 54 |
Outros datos | |
Sede | C/ Princesa, 2, 28013 Madrid |
Na rede | |
https://quehablelamayoria.unidaspodemos.info/ | |
Unidas Podemos (Podemos-IU), tamén coñecida como UP, é unha coalición electoral española rexistrada o 15 de marzo de 2019. É herdeira da coalición Unidos Podemos, da que se diferenza no xénero gramatical, cambio atribuído ao «auxe do movemento feminista».[1]
Foi rexistrada para presentarse ás eleccións xerais de abril de 2019 e estaba conformada por Podemos, Izquierda Unida e Equo.[2][3] Equo abandonou a alianza en setembro dese mesmo ano. Podemos e IU volveron presentarse co nome de Unidas Podemos ás eleccións xerais de novembro de 2019.[4]