Unidos Podemos | |
---|---|
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Pablo Iglesias Turrión |
Historia | |
Fundación | 13 de maio de 2016 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialdemocracia Republicanismo Ecoloxismo |
Representación | |
Congreso dos Deputados | 67 / 350 |
Senado | 20 / 266 |
Outros datos | |
Sede | Madrid |
Na rede | |
lasonrisadeunpais.es | |
Unidos Podemos (Podemos-IU-Equo)[1] é unha coalición electoral española conformada por Podemos, Izquierda Unida, Equo e outras formacións de esquerdas, constituída o 13 de maio de 2016 para presentarse ás eleccións xerais do mesmo ano.[2]
Presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi), valencianas (onde se presentou a coalición Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana) e galegas (onde se presentou a coalición En Marea) a ambas as Cámaras e en Eivissa-Formentera ao Senado (onde se presentou a coalición Podemos-EU-Más).[1]