United Airlines

United Airlines
IATA
UA
OACI
UAL
Indicativo
UNITED
Fundación1926 (como Varney Air Lines)
Inicio das operacións6 de abril de 1926
Plan de voo frecuenteMileagePlus
AlianzaStar Alliance
Frota703
Destinos378
Eslogan da compañíaLet's Fly Together
SedeChicago, Illinois
Páxina web: https://www.united.com

United Air Lines, Inc. é unha aeroliña estadounidense, subsidiaria de United Continental Holdings, Inc. Trátase da maior aeoliña do mundo en número de empregados, con 88.253 en outubro do 2012, e a segunda en número de avións, 702. A sede corporativa atópase en Chicago e o seu principal centro de operacións está no Aeroporto Internacional George Bush de Houston, Texas. A aeroliña tamén ten centros nos aeroportos O'Hare de Chicago, Washington Dulles, Denver, San Francisco, Los Angeles, Narita (preto de Toquio), Newark Liberty, Cleveland Hopkins e Antonio B. Won Pat en Guam. United é un dos membros fundadores de Star Alliance, a alianza de aeroliñas máis grande do mundo, e ofrece voos a máis de 1.000 destinos en 170 países. O servizo rexional da aeroliña é operado por United Express.

United fundouse en 926 como Varney Air Lines, converténdose en Boeing Air Transport en 1927 cando foi mercada polo fabricante de aviñons Boeing. Converteuse nunha compañía independente en 1934 en fusionouse con Capital Airlines en 1961. O 30 de novembro de 2011 United Airlines conseguiu un certificado de operación único coa antiga Continental Airlines, o que singifica que ámbalas dúas son na actualidade unha única aeroliña. O 3 de marzo do 2012 Continental e United fusionaron os sistemas de servizo de pasaxeiros, os programas de fidelización e as páxinas web eliminando oficialmente a marca e o nome de Continental.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne