Nome na lingua orixinal | (en) United Rugby Championship |
---|---|
Tipo | professional sports league (en) |
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Celtic Rugby Ltd (en) |
Patrocinador | Balkrishna industries (en) (2022–) Vodacom (pt) (2022–) |
Localización e Datas | |
Localización |
Suráfrica (2017–) Italia (2010–) Illa de Irlanda (2001–) Gales (Reino Unido) (2001–) Escocia (Reino Unido) (2001–) |
Area de operación | Illa de Irlanda, Italia, Escocia, Suráfrica e Gales |
Vixencia | 2001 – |
Calendario da tempada | setembro – maio |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | unitedrugby.com |
O United Rugby Championship (URC) é un torneo anual de rugby no que compiten equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. O United Rugby Championship é unha das principais tres ligas europeas de rugby xunto á Premiership inglesa e o Top 14 francés. Os mellores equipos da liga compiten na Copa de Campións Europea de Rugby, unha competición continental que substituíu a Copa Heineken desde a temporada 2013−14.
A competición foi fundada en 1999 coa creación da Liga Galeso-Escocesa, a cal pasou a ser coñecida como "Celtic League" ao incorporar tamén equipos irlandeses. Entre as temporadas 2006−07 e 2010−11, a liga estivo patrocinado pola elaboradora de sidra Magners. Esa mesma temporada 2010−11 incorporáronse dous equipos italianos, aumentando a liga de 10 a 12 equipos. Para reflictir que a liga incluía xa equipos de fóra das nacións celtas, a competición adoptou o nome de Pro12. En canto aos patrocinadores, entre 2011−12 e 2013−14 foi RaboDirect, e posteriormente Guinness. Na temporada 2017−18 a competición incorporou dous novos equipos equipos, esta vez surafricanos, aos que se uniron dous máis en 2021.