Universidade de Monash Monash University | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Localización | Clayton, Victoria |
Datos actuais | |
Reitor | Alan Finkel |
Alumnos | 39 000 (grao), 16 000 (posgrao) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Main Clayton Campus, Melbourne, Victoria, Australia |
Páxina web | www.monash.edu.au |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Monash (en inglés: Monash University, ou simplemente Monash) é unha universidade pública, con campus localizados en Australia, Malaisia, Suráfrica, a India, Italia e a China.
Foi fundada en 1958 e debe o seu nome a Sir John Monash, un destacado xeneral e líder australiano. Unha das súas frases máis célebres está escrita ao longo dun camiño entre o Robert Blackwood Hall e o Performing Arts Centre no campus de Clayton: "Adopta como o teu credo fundamental aquilo que te equipe para a vida, non soamente para o teu propio beneficio, senón para o de toda a túa comunidade".
O lema da universidade es Ancora imparo (en italiano), que significa "aínda estou aprendendo",[1] unha frase atribuída a Michelangelo.
É unha das maiores universidades de Australia, co cerca de 55 000 estudantes, e está
clasificada entre as cinco mellores universidades do país.[3]
En 2009 foi elixida como a 45ª mellor universidade do mundo.[4]