Universidade de Granada | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Localización | Sede principal: Granada Outras sedes: Melilla e Ceuta |
Datos actuais | |
Reitor | Pilar Aranda Ramírez |
Alumnos | 68 995 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Hospital Real Cuesta del Hospicio, s/n Granada, España |
Páxina web | www.ugr.es |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Granada (UGR) é unha universidade pública española con sede en Granada e con campus nas cidades de Granada, Ceuta e Melilla, o que a converte na única universidade europea con dous campus en África. É a cuarta universidade de España por número de alumnos, membro do Grupo Coimbra e Campus de Excelencia Internacional.[1]
A Universidade de Granada é herdeira da Madraza do último Reino Nazarí e foi fundada oficialmente en 1531 por Carlos I de España. Por tanto, ten case cincocentos anos de historia e é considerada por iso como unha das universidades históricas de España.[2]
A Universidade de Granada sitúase entre o dez primeiras de España e desde hai varios anos ocupa o primeiro posto nos estudos de tradución e interpretación, sendo a primeira universidade española en impartir lingua dinamarquesa.[3][4][5][6] A nivel mundial, é unha das cincuenta mellores universidades en enxeñaría informática e unha das cen primeiras en matemáticas.[7]
Recibe cada ano máis de 2000 alumnos procedentes do programa Erasmus, o que a converte no primeiro destino europeo dentro deste programa de mobilidade.[8] Ademais, foi elixida a mellor universidade de España polos estudantes internacionais.[9]