Universidade de Heidelberg Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Heidelberg, Alemaña |
Fundación | 18 de outubro de 1386 |
Datos actuais | |
Alumnos | 28 653 (2019/20)[1] |
Datos de contacto | |
Páxina web | http://www.uni-heidelberg.de |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Ruprecht Karl de Heidelberg (en alemán: Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg; tamén coñecida simplemente Universidade de Heidelberg), é a universidade máis antiga de Alemaña, creada no ano 1386 na cidade de Heidelberg, Baden-Württemberg. O seu nome en latín é Ruperto Carola Heidelbergensis. O programa alemán para o fomento de investigación científica e actividades académicas de alto nivel, financiado con recursos federais e rexionais, levou a cabo en 2007, un "concurso de excelencia" entre os centros de estudos superiores do país. Resultaron gañadoras seis universidades de todo o país entre as que se atopaba a de Heidelberg, sendo distinguida coa etiqueta de "universidade de elite". Cos seus sobresalientes logros na investigación e o ensino sitúase entre as mellores universidades do mundo.
É membro do Grupo Coimbra e do LERU.