Universidade de Pensilvania University of Pennsylvania | |
---|---|
Upper Quad Gate | |
Datos xerais | |
Localización | Filadelfia (Pensilvania) |
Fundación | 14 de novembro de 1740 |
Datos actuais | |
Alumnos | 22 432 (outono de 2019)[1] |
Datos de contacto | |
Páxina web | https://www.upenn.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Pensilvania (University of Pennsylvania, Penn ou UPenn) é unha universidade privada da Ivy League localizada en Filadelfia, Pensilvania. A universidade afirma que foi fundada en 1740[2][3] Princeton's library presents another diplomatically-phrased view.[4] e é un dos nove colonial colleges creados antes da declaración de independencia dos Estados Unidos de América. Benjamin Franklin, fundador e primeiro presidente de Penn, defendía un programa educativo que formaba líderes en comercio, goberno e servizo público, semellante a un currículo moderno en artes liberais cunha perspectiva práctica.[5]
Penn ten unha produción científica moi alta[6] e lidera nas disciplinas de negocios, dereito, medicina, educación, artes, humanidades, ciencias sociais, negocios, arquitectura e enxeñaría.[7] Entre as súas escolas e facultades atópanse a Wharton Business School e a Escola de Medicina Perelman, a facultade de medicina máis antiga dos Estados Unidos. A "One University Policy" ("Política dunha universidade") de Penn permite o alumnado matricularse en clases de calquera das doce escolas da universidade.[8]