Universidade de Sevilla

Universidade de Sevilla
Datos xerais
LocalizaciónSevilla España España
Fundación1505
Datos actuais
ReitorMiguel Ángel Castro Arroyo
Alumnos72.782 (2016-17)
Datos de contacto
EnderezoReal Fábrica de Tabacos de Sevilla,
C/ San Fernando, 4
Sevilla, España España
Páxina webwww.us.es
Facebook: UniversidaddeSevillaoficial Twitter: unisevilla Instagram: unisevilla BNE: XX84643 Dialnet: 819117 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Sevilla (US, en castelán: Universidad de Sevilla) é unha universidade pública española con sede en Sevilla, Andalucía. É unha das dúas universidades públicas da cidade, xunto coa Universidade Pablo de Olavide. Aínda que os seus centros atópanse repartidos por toda a cidade, a sede do seu reitorado é o edificio da Real Fábrica de Tabacos de Sevilla.

É a terceira universidade española en número de estudantes e a primeira de Andalucía, así como unha das máis antigas, con máis de 500 anos de historia.

A Biblioteca da Universidade de Sevilla, con 1.507.097 volumes, é a terceira biblioteca universitaria máis grande de España, despois da Biblioteca da Universidade Complutense de Madrid e a Biblioteca da Universidade de Barcelona.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne