Uromys vika | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Uromys vika' Lavery et al, 2017 |
Uromys vika é unha especie de roedor arborícola xigante da familia Muridae.[1][2] O roedor foi descuberto na illa de Vangunu, nas Illas Salomón en 2015,[3] despois de anos de procura baseados en historias locais, e foi descrito en 2017.[4] Foi identificado como unha nova especie en base ó seu crania, esqueleto e detalles da análise de ADN.[1] O único individuo inicialmente recollido dunha árbore cortada (Dillenia salomonensis) medía 46 cm de longo, pesaba entre 0,5 e 1 kg e tiña pelaxe marrón alaranxada.[1] Crese que a súa dieta inclúe noces de casca grosa como noces ngali e cocos,[3] e probablemente froitas.[1] A especie é probable que sexa considerada en perigo crítico de extinción, por mor da pequena extensión do se hábitat (arredor de 80 km2) e a deforestación da illa.[1][2]