Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
State of Utah (en) | |||||
Himno | Utah, This Is the Place (en) (2003) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Industry» | ||||
Símbolo oficial | Artemia (Crustáceos) Snowboarding (Deporte de inverno) Esquí (Deporte de inverno) Apis (Insectos) Topacio (Xema) Cervus canadensis nelsoni (pt) (animais) Colt M1911 (pt) (arma de fogo) Gaivota-da-califórnia (pt) (aves) Utah, This Is the Place (en) (canción) Square dance (en) (dança folclórica (pt) ) Colmea (emblema) Alpha Ursae Majoris (pt) (estrela) Calochortus nuttallii (flor) Cereixa (froita) Allosaurus (fósil) Utah, We Love Thee (en) (himno) Cobre (mineral) Union Station (en) (museu dos caminhos de ferro (pt) ) Panela de ferro (pt) (panela (pt) ) Oncorhynchus clarki utah (pt) (peixe) Achnatherum hymenoides (relva (pt) ) Carbón (rocha) NGC 2632 (símbolo astronómico (pt) ) Sweet onion (en) (verdura) Remolacha azucreira (verdura) Lamigueiro tremo (árbore) | ||||
Alcume | Beehive State | ||||
Epónimo | ser humano | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Salt Lake City | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.271.616 (2020) (14,89 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.003.345 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 219.653 km² | ||||
Auga | 3,21 % | ||||
Bañado por | Gran Lago Salgado e Río Colorado | ||||
Altitude | 1.860 m | ||||
Punto máis alto | Kings Peak (pt) (4.123,3 m) | ||||
Punto máis baixo | Beaver Dam Wash (en) (1.781 pés) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 4 de xaneiro de 1896 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Utah (en) | ||||
• Governor of Utah (en) | Spencer Cox (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Utah State Legislature (en) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Utah Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 801 e 435 | ||||
ISO 3166-2 | US-UT | ||||
Identificador GNIS | 1455989 | ||||
Sitio web | utah.gov | ||||
Utah é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión das Montañas Rochosas. É un dos máis importantes centros de transporte e de telecomunicacións do Oeste americano. A capital e maior cidade de Utah é Salt Lake City e na súa rexión metropolitana vive máis do 60% da poboación do Estado.
A economía de Utah está diversificada. Salt Lake City é un importante centro financeiro e comercial do Oeste americano. A industria de manufacturación e de alta tecnoloxía tamén é unha das principais fontes de renda, así como a agropecuaria. Utah é tamén posúe un sistema de educación e de saúde nacionalmente recoñecido. A principal fonte de renda de Utah, porén, é o turismo. As súas diversas atraccións naturais atraen millóns de turistas anualmente ao Estado. Estas atraccións van desde grandes cadeas de montañas propicias á práctica do esquí e de rochas erosionadas ata o Gran Lago Salgado, o maior lago ao oeste do río Mississippi, e que é máis salgado que a auga do mar. Boa parte do territorio posúe un aspecto e un clima desértico.
O Estado e a súa historia márcanse pola gran presenza dos mormóns, que fan parte da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días. Cerca de 60% da poboación de Utah son membros desta asociación relixiosa, que ten a sede en Salt Lake City. Os mormóns instaláronse na rexión do actual Estado de Utah primeiramente en 1847, bautizando a rexión como Deseret (que significa "mel de abella" no idioma mormón). O Congreso americano creou o Territorio de Utah en 1850, nomeando o territorio en alusión á tribo indíxena ute que vivía na rexión. En 4 de xaneiro de 1896, Utah tornouse no 45º Estado americano.