![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. Vexa na páxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión. (Desde decembro de 2016.) |
Denomínase videojockey ou VJ ao creador que xera sesións visuais mesturando en directo vídeo con música ou outro tipo de acción. Por extensión, o acto denomínase "veejing" ou "veejaying".
A súa orixe remóntase aos clubs de baile da década de 1980, nos que o videojockey mesturaba os seus loops de vídeo (vídeos en bucle) ao ritmo da música que daba o DJ. Nos seus inicios, a forma de facelo era mediante a utilización de reprodutores de VHS, mesas de edición broadcast e grandes proxectores de vídeo. Coa aparición e xeneralización da informática portátil, este movemento transformouse e estendeuse debido ao abaratamento e redución de tamaño dos elementos necesarios, empregándose ordenadores portátiles, cámaras dixitais e pequenos proxectores de vídeo.
Actualmente[cando?] traspasou o seu marco nativo, puramente lúdico e underground, e o campo de actuación dun VJ non se limita só a clubs, estendéndose a concertos, publicidade, eventos públicos, presentacións, televisión etc.