O Val do Oza é unha bisbarra, natural e tradicional, situada ao sur da bisbarra do Bierzo, na provincia de León, dentro do concello de Ponferrada. Percórrea o río do que deriva o nome da bisbarra, o río Oza (Valdueza, val do Oza), que nace na aldea de Montes de Valdueza, nos Montes Aquilanos ao verter as súas augas ao río Sil. En varias publicacións acéptase a pertenza a esta bisbarra de aldeas que non se atopan dentro do val formado polo río Oza.[Cómpre referencia]
Foi o berce da Tebaida berciana (chamada así polos templos que se encontraban nesa zona, que recordaban, pola súa cantidade, á Tebas exipcia),[Cómpre referencia] estando administrativamente dentro do Val do Oza, aínda que a superficie que abrangue sexa moito maior.
Entre os seus templos destacan a Igrexa de Santiago de Peñalba (xoia mozárabe) e o Mosteiro de San Pedro de Montes.