Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Un variador de frecuencia (siglas VFD, do inglés: Variable Frequency Drive ou ben AFD Adjustable Frequency Drive) é un sistema para o control da velocidade rotacional dun motor de corrente alterna (AC) por medio do control da frecuencia de alimentación subministrada ao motor. Un variador de frecuencia é un caso especial dun variador de velocidade. Os variadores de frecuencia son tamén coñecidos como drivers de frecuencia axustable (AFD), drivers de CA, microdrivers ou inversores. Dado que o voltaxe é variado a vez que a frecuencia, ás veces son chamados drivers VVVF (variador de voltaxe variador de frecuencia).