Series de |
Mitoloxía celta |
---|
Mitoloxía gaélica |
Mitoloxía britónica |
Relixión |
Festivais |
Os antigos escritores latinos empregaban o termo vate significando 'profeta' e 'vidente' en xeral; a palabra caeu en desuso no latín até que foi revivida por Virxilio.[1] Posteriormente, Ovidio describiu a si mesmo coma o vates de Eros (Amores 3.9).
De acordo con Estrabón,[2] Diodoro Sículo[2] e Posidonio, os vates (ουατεις) eran unha das tres clases do sacerdocio celta, sendo as outras dúas os druídas e os bardos. Os vates tiñan o papel de videntes e realizaban sacrificios (inclusive –e supostamente– sacrificios humanos), baixo a dirección dun druída. O seu papel, polo tanto, corresponde ao dun Adhvaryu na relixión védica.
O termo vates orixinou o termo irlandés fáith 'profeta', 'vidente'.[3]