Vea mediana cubital

A vea mediana cubital, vea mediana ou mediana basílica é unha vea superficial, do membro superior humano, pertencente ao antebrazo. Conecta a vea basílica e a vea cefálica e pode ser empregada da extraer sangue. Discorre pola fosa do cóbado, por debaixo da pel. Existe enorme variabilidade nesta vea, e pódense observar traxectos moi diferentes entre distintas persoas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne