Vea cava inferior

Vea cava inferior
Vea cava inferior (na parte inferior)
Veas
Latín vena cava inferior
Sitio(s) drenado(s) Membros inferiores
Vísceras abdominais
Vísceras pélvicas
Orixe vea ilíaca primitiva dereita
vea ilíaca primitiva esquerda
Drena en aurícula dereita
Arteria arteria aorta abdominal
Precursor common cardinal veins
MeSH [1]

A vea cava inferior (abreviado VCI) é un tronco venoso ou vea de gran calibre no corpo humano e outros mamíferos, que retorna o sangue dende os membros inferiores, os órganos do abdome e a pelvis até a aurícula dereita do corazón. É unha vea satélite da aorta abdominal, e é responsábel do retorno venoso de todas as veas infradiafragmáticas. No ser humano adoita medir unha media de 22 cm de lonxitude, dos cales 18 cm corresponden ao seu percorrido no abdome. A vea cava inferior ten un calibre de 20 mm na súa porción máis inferior, mentres que pode chegar até os 30 mm na súa porción superior, con dúas zonas de ancheamento a nivel dos riles e outro por enriba do fígado.[1]

  1. Bouchet, Alain; Jacques Cuilleret (1997). Anatomía da rexión retroperitoneal (en castelán). Editorial Médica Panamericana. ISBN 9500601524. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne