Un ventilador de fluxo guiado é unha disposición de propulsión na cal un ventilador, que é un tipo de hélice, está montada dentro dunha cuberta ou conduto cilíndrico. O conduto reduce as perdas de pulo das puntas das hélices, e a variación da sección transversal do conduto permítelle ao deseñador afectar vantaxosamente a velocidade e presión do fluxo de aire segundo o principio de Bernoulli. A propulsión con ventiladores de fluxo guiados úsase en avións, dirixibles, hidroesvaradores, aeroescorregadores e fanpacks.[1]
Os ventiladores de fluxo guiados normalmente teñen palas de menor tamaño que as hélices e polo tanto poden operar a maiores velocidades de rotación.