![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xulloxul./ 8 de agosto de 1849greg. Mikhailovka, ![]() |
Morte | 8 de maio de 1919 Petrogrado ![]() |
Lugar de sepultura | Literatorskie mostki ![]() |
País de nacionalidade | rusa |
Q89547790 | revolucionaria |
Actividade | |
Campo de traballo | Revolucionario, Escrita creativa e profesional e Menxevique ![]() |
Ocupación | escritora, xornalista de opinión, crítica literaria, editora literaria, xornalista, política, revolucionario ![]() |
Partido político | Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso ![]() |
Membro de | |
Pseudónimo literario | А. Булыгина ![]() |
Participou en | |
17 de xullo de 1903 (Xuliano) | II Congreso do Partido Obreiro Socialdemócata de Rusia ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Lev Deich ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Засулич Вера Ивановна) Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Vera Ivanovna Zasulich (en ruso: Ве́ра Ива́новна Засу́лич), nada en Mikhailovka (provincia de Smolensk) o 27 de xulloxul./ 8 de agosto de 1849greg. e finada en Petrogrado o 8 de maio de 1919, foi unha escritora e revolucionaria marxista, membro fundador do Grupo para a Emancipación do Traballo. Nada nunha familia nobre empobrecida, frecuentou durante os seus estudos en Petrogrado os ambientes revolucionarios estudantís. Foi encarcerada en 1869 por manter correspondencia co líder nihilista e anarquista Sergei Netchaev. Trala súa excarceración en 1871, estabeleceuse en Kíiv, onde contactou con Insurxentes de Kíiv, un grupo revolucionario de seguidores de Mikhail Bakunin, chegando a converterse nunha líder respectada.
En 1878, Zasulich e a revolucionaria social María Kolenkina planearon asasinar Vladislav Zhelekhovski, un promotor famoso polos seus procesos contra a militancia revolucionaria, e o coronel Teodor Trepov, gobernador de Petrogrado, que era coñecido por proscribir as rebelións polacas en 1830 e 1863. O atentado contra Zhelekhovski resultou infrutuoso, mais Zasulich conseguiu ferir gravemente Trepov. Foi atrapada, mais no seu amplamente difundido proceso, un xurado favorable a ela declarouna inocente.[1]
Trala anulación do proceso, Zasulich viaxou a Suíza, onde contactou con grupos marxistas e colaborou na fundación do Grupo para a Emancipación do Traballo con Georgii Plekhanov e Pavel Akselrod en 1883. O grupo encargou Zasulich a tradución de diversos traballos de Karl Marx ao ruso, o que contribuíu a ampliar a influencia do marxismo entre a intelligentsia rusa ao punto de tornarse fundamental para creación do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR) en 1898. A mediados da década de 1900, os líderes da á radical Julius Martov, Vladimir Lenin e Aleksandr Potresov uníronse a Zasulich, Plekhanov e Akselrod en Suíza. Debido ás tensións entre as dúas ás do Partido, os seis fundaron o xornal revolucionario Iskra, e formaron o seu equipo editorial, que se opuña aos marxistas moderados coñecidos como os economistas e tamén aos ex-marxistas como Sergei Bulgakov e Piotr Struve. Porén, durante o II Congreso do POSDR, o marxismo verificou unha ruptura entre os menxeviques de Julius Martov e bolxeviques de Lenin. Zasulich situouse do lado de Martov, tornándose unha líder do menxevismo. Con todo, o seu interese na política decaeu rapidamente. Regresou á Rusia tras a Revolución de 1905.[2] Alí, apoiou a política de participación da Rusia na primeira guerra mundial e opúxose á Revolución de Outubro dirixida polos bolxeviques.[3] Morreu en Petrogrado en 8 de maio de 1919.