A verdade (do latín, veritas) é a coincidencia entre unha afirmación e os feitos, ou a realidade á que se refire dita afirmación[1] ou a fidelidade a unha idea.[1] O termo úsase nun sentido técnico en diversos campos como a ciencia, a lóxica, as matemáticas e a filosofía.
O uso da palabra verdade tamén abarca a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular;[2] así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.
As cousas son verdadeiras cando son «fiables», fieis porque cumpren o que ofrecen.[3][n 1]
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "n", pero non se atopou a etiqueta <references group="n"/>
correspondente