Vezina Trophy

O Vézina Trophy no Hockey Hall of Fame.

O Vezina Trophy é un trofeo entregado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao porteiro da liga "considerado o mellor na súa posición".[1] Ao final de cada tempada, os trinta directores xerais da NHL votan para elixir o gañador. Recibe o seu nome en honor a Georges Vézina, porteiro dos Montreal Canadiens entre 1910 e 1925, que morreu en 1926 de tuberculose. O Trofeo foi entregado por primeira vez despise da tempada 1926-27 ao mellor porteiro. Da tempada 1946-47 á 1981-82, o trofeo foi entregado ao(s) porteiro(s) do equipo queconseguira o menor número de goles durante a liga regular;[1] dende 1982 en adiante, o William M. Jennings Trophy é entregado para recoñecer ese logro.

  1. 1,0 1,1 "Vezina Trophy history" (en inglés). NHL.com. Arquivado dende o orixinal o 23-04-2006. Consultado o 17-5-2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne