Vickers Viscount | |
---|---|
![]() | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Vickers-Armstrongs |
Primeiro voo | 16 de xullo de 1948 |
Introducido | 1950 |
Retirado | 2008 |
Estado | retirado |
Principais usuarios | British European Airways Capital Airlines Trans-Canada Air Lines Air Canada |
Produción | 1948 - 1963 |
Unidades construídas | 445 |
O Vickers Viscount foi un turbohélice de pasaxeiros británico de alcance medio que voou por vez primeira en 1948. Foi fabricado por Vickers-Armstrongs e foi o primeiro deste tipo de avións en entrar en servizo no mundo. Como produto do comité Brabazon, usou unha nova forma de propulsión, o motor turbohélice, substituíndo o tradicional motor de pistón.
O Viscount foi ben recibido polo público polas súas condicións de cabina, que incluía presurización, reducións na vibración e no ruído, e fiestras panorámicas. Converteuse nun dos avións de transporte máis exitosos e rendibles da posguerra; fabricáronse en total 445 exemplares.